O Compos xa está nos cuartos de final da Copa Deputación. Un partido da Esedé na que os nosos foron moi superiores no primeiro tempo pero con pequenos erros á hora de dar a pelota aos dianteiros. Aínda así non son cousas que poidamos ter en conta xa que o partido xogouse sobre césped artificial.
Ante un Dorneda que apenas puido facer moito, o Compos fixo un primeiro tempo case perfecto no que só faltaron ocasións. Un par de disparos que rexeitou o gardameta do Dorneda a córner e pouco máis nos primeiros corenta e cinco minutos. Pero, por sorte, ese pouco máis significa dous goles.
O primeiro, antes de cumplirse o primeiro cuarto de hora foi un gol de listo, un gol de dianteiro centro. O porteiro visitante equivocouse á hora de non intentar sacar un balón que pegou no longueiro. Dito erro aproveitouno Manuel Castiñeiras, actuando de dianteiro centro despois dun córner e enviou o balón ao fondo das redes co muslo sen oposición.
E o segundo, e definitivo, foi despois dunha gran xogada en equipo. Xogo dese que gusta á afección e que por San Lázaro coñécese como "fútbol de salón" e que o ano pasado foi moi aclamado. A xogada rematouna á perfección Joselu, que xa cumpre a misión ca que fichou polo Compos.
Ademais o colexiado anulou un gol legal a Germán.
Xa no segundo tempo a cousa cambiou notablemente. O Compos baixou o ritmo. As ocasións perigosas desapareceron por completo e o partido pasou a ser un pouco aburrido con moito xogo no centro do campo. O máis destacable foi a seguridade que segue presentando Christian baixo paus evitando algún susto do Dorneda.
O mércores toca viaxar a Arteixo para o partido de cuartos. En Santiago xogarase o Grixoa-Racing de Ferrol, do que sairá o rival do Compos en semis.
ALIÑACIÓN: Christian; Borja Facal, Bautista, Manu Castiñeiras, Germán; Mariño, Jacobo Tato (Pablo Vidal, min. 70), Joselu (Uru, min. 61); Diego Peláez (Manu Rodríguez, min. 55), Louro e Martín (Kolman, min. 60).
CARTÓNS: Amarelo para Martín.
GOLES: 1-0 14' Manuel Castiñeiras, 2-0 27' Joselu.
ESTADIO: Santa Isabel.

Ningún comentario:
Publicar un comentario