A tempada 2012/13 comezará este xoves para a Esedé. É a data sinalada polo clube para a presentación oficial do novo equipo de Terceira, claramente un dos favoritos para o ascenso a Segunda B. Será o momento para que os afeccionados composteláns poidan coñecer ás once novas incorporacións no estadio de San Lázaro ademais dos doce renovados.
Non haberá que pagar nada polo que todos os que se poidan acercar ao campo non o dubiden e vaian dar a benvida ao equipo que nos volverá dar alegrías durante a próxima tempada, da que nas próximas datas coñeceremos o calendario.
No mesmo comunicado a Esedé anunciou tres amigables que xogarán en cuestión de unha semana entre o primeiro e o terceiro.
O primeiro partido deste Compos será o sábado 28 en A Coruña contra o Victoria. Dito enfrontamento suporá a primeira ronda da Copa Deputación. Só un día despois poderemos gozar do xogo da Esedé nun Triangular en Pontevea contra o Pontevedra e o Fabril, dous dos equipos contra os que loitará o noso equipo esta tempada en Liga. E o terceiro será nun Torneo Internacional en Braga contra equipos de nivel entre os que se inclúe o Celta de Vigo. Este último será o 5 de agosto, moi próximo ao segundo partido da Copa Deputación se gañan ao Victoria e que nos enfrontaría ao Alondras ou ao Betanzos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario