Onte puidemos asistir á presentación oficial da SD Compostela 2012/13. Con 11 caras novas entre as que se atopaban Jimmy e Mariño, que volven, este equipo xogará a vindeira tempada ca mente posta en facer un bo traballo e poder regalar á afección compostelanista, da que onte había máis de 100 persoas, o ansiado ascenso a Segunda B.
Na presentación puidemos escoitar a Julio Prol, director deportivo; ao adestrador Anxo Casalderrey, ao concelleiro de deportes de Santiago Adrián Varela, ao presidente Antonio Quinteiro e ao novo capitán da Esedé Manuel Castiñeiras.
Anxo presentou un a un a tódolos xogadores desta tempada un a un para que os afeccionados alí presentes puideramos coñecer, sobre todo, aos novos entre os que Jimmy levou unha gran ovación demostrando así o cariño que hai ao equipo artífice do último ascenso a Segunda B.
Logo tocou o primeiro adestramento baixo o mando do corpo técnico. Adestramento tamén a portas abertas para poder ver como traballan os xogadores fóra dos terreos de xogo. Ademais puidemos ver de novo a Catú, sen dúbida un dos xogadores máis queridos pola afección branquiazul, que fará a pretempada ca Esedé xunto co camerunés Ekedi, ex do Racing de Ferrol, e Pablo García Pillo, ex do Montañeros, ata que os tres atopen equipo no que xogar.
A próxima data no calendario compostelanista é o partido contra o Victoria o 28 deste mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario