Hoxe puidemos coñecer dúas boas novas da Esedé. Unha é referente á cidade de Santiago e a segunda á pretempada, lonxe de San Lázaro.
Hoxe o Compos foi recibido no Concello polo alcalde de Santiago Ángel Currás. Un gran recibimento polo novo alcalde da cidade e que rematou cunha gran nova tanto para o equipo como para a capital de Galicia. Trátase dun novo recoñecemento para o clube polo 50 aniversario. Polo tanto a partir deste ano o 23 de xullo será coñecido como o "Día oficial da SD Compostela". Ademais de anunciar algo que todos esperamos que se cumpra: "sexa cal sexa a categoría, o Concello apoiará ao Compostela".
A outra nova do día, a referente á pretempada, é o calendario dos amigables que xogarán os nosos este verán aínda que podería haber algún cambio se o Compos pasa de rolda na Copa Deputación.
De sobras sabemos que o primeiro partido será o sábado 28 en A Coruña contra o Victoria CF e o domingo 29 chega o primeiro torneo complicado contra equipos da mesma categoría: Fabril e Pontevedra en Pontevea. E hoxe puidemos saber o rival do torneo en Braga o 5 de agosto, será o Vilaverdense, equipo da Terceira división portuguesa.
O 16 de agosto os nosos viaxarán a Cedeira para xogar un torneo local contra o Racing de Ferrol, un dos rivais máis duros da Terceira división. E o último partido será o 19 do mesmo mes, unha semana antes do comezo da Liga, en Negreira ante o novo equipo de Rego.
Pero nesas datas faltarían os da Copa Deputación se os santiagueses superan ao Victoria o sábado. De ser así o seguinte partido do torneo está marcado para o 5 de agosto, mesmo día do torneo en Portugal polo que podería adiantarse ou atrasarse un par de días. O rival nos oitavos sería o vencedor do Dorneda-Betanzos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario