Despois de coñecerse as saídas de Julián e Garabal, aos que lles dixeron que non contarían máis con eles, puidemos saber de dúas baixas máis. Tanto Rego coma Alex Blanco non seguirán na Esedé e Christian depende da posible chegada dun novo porteiro.
Quedan así vacantes unha praza no lateral e outra, e xa van dúas, na dianteira. Rego marcha tras unha temporada e media. Nesta non puido contar con tódolos minutos que podería haber desexado o 2 do Compos pero sempre que foi preciso fíxoo á perfección anotando 4 goles xogando a maioría das veces os últimos vinte minutos.
Pola súa parte, Alex Blanco non puido disfrutar da titularidade sobre todo dende a chegada de Maikel. O dianteiro centro apenas contou para Anxo na tempada do seu regreso ao equipo no que xa estivera hai uns anos. Ao igual que Rego, o 9 só anotou 4 goles, algo escaso contando con que el chegou para ser o cambio de Maikel.
Dúas novas baixas, bastante dolorosas, que non deixan a ninguén moi contento. Ademais o seguinte podería ser Christian, sobre o que se di que sairía se chega un novo gardameta. Outra saída que tampouco gustaría demasiado por San Lázaro...
Agora toca esperar a ver se chegan xa as incorporacións.
No me gusta como pinta esto...
ResponderEliminarEstá todo bastante feo... Esperemos que non vaia a peor.
ResponderEliminar