A próxima campaña non poderemos ver en San Lázaro a dous grandes xogadores como son José Ramón Garabal e Martín. Dous xogadores que chegaron dende a Estradense e axudaron á Esedé sempre que tiveron a oportunidade.
O dianteiro de Extramundi anotou nada máis e nada menos que oito goles co dorsal 11 ás costas. Un gran xogador que non puido gozar de moitos minutos pero sempre aproveitou cada oportunidade que tivo sobre o campo.
Tampouco poderemos admirar o xogo de Garabal no centro do campo de San Lázaro. O 14 queda libre para algunha das novas incorporacións de cara ao ano que ven, inda que non será o mesmo sen estos dous xogadores.
Para ocupar os seus postos a Esedé xa está buscando novidades e fálase de Manu Barreiro para a dianteira e "Jimmy" para o centro do campo. Sen dúbida dous grandes fichaxes, sobre todo o segundo que xa triunfou en San Lázaro fai dúas tempadas na Segunda B.
Tanto a Garabal como a Julián só me queda dicirlles MOITAS GRAZAS E MOITA SORTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario