Tras as caídas de Rego, Julián, Garabal e Alex Blanco... chegan as que menos gustan e máis sorprenden. Jorge, Damián e Roberto Piñeiro non seguirán na Esedé tampouco nun comezo de semana tan negro como inesperado pola capital galega.
Empezo coa baixa de Damián, lateral que gozou de bastantes minutos pola banda e chegou a facer 6 goles defendendo a camiseta branquiazul. Curiosamente é un dos máximos goleadores do equipo a pesar da xogar na defensa.
Algo menos esperada era a de Jorge. O veterano xogador rioxano, terceiro capitán, deixa un gran oco na defensa compostelanista. Un xogador moi querido pola familia compostelana que ademais é un dos que mellor falan diante dun micrófono.
E xa a bomba estoupou ca marcha de Roberto Piñeiro. O Capitán, o xogador que máis maxia deixou por San Lázaro, o máximo goleador do equipo... o noso 10. A baixa non só máis importante senón tamén máis dolorosa e inexplicable. Titular en case tódolos partidos. 14 goles a favor... Un dos xogadores máis queridos sen dúbida...
Cambios bastante raros que todavía se descoñecen as razóns. Algunha xente di que non teñen nivel para ser titulares en Terceira... e é o máis creíble. Mañá a ver se non hai máis caídas...
E de momento o único que conformou a súa continuidade é Pablo Vidal, para moitos, entre os que me inclúo, a gran promesa do Compos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario