David Nogueira, o segundo. Benvido!

David Nogueira, santiagués de 21 anos, chega á Esedé procedente do Pontevedra, onde rematou a temporada que comezou no Grixoa e xogou media tempada. O dianteiro criado nas categorías inferiores do Victoria e o Conxo, anotou 8 goles co Grixoa na Preferente Norte en 14 partidos e 0 co Pontevedra en 6 partidos co primeiro equipo, aínda que tamén xogou co filial na Preferente Sur. 
Como xa dixen, Nogueira comezou no fútbol con 8 anos no Victoria. Estivo alí ata chegar aos xuvenís do Conxo. E firmou co Grixoa, onde xogou tres anos, ata firmar polo Pontevedra, onde xogou tanto no filial como no primeiro equipo.
Pasa así a ser o segundo dianteiro do equipo xunto con David Louro, e posiblemente Maikel que aínda se descoñece oficialmente se renovou. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario