Borja Facal, terceiro en ser presentado


Borja Facal é a terceira incorporación do Compos de cara á nova tempada en Terceira. O xogador de Laxe chega tras dous anos no Racing de Ferrol. Xoga de lateral dereito pero tamén ten bastante experiencia como interior, posición que ocupou no Bergantiños e no Fabril.
A parte dos tres equipos nomeados antes, aos seus 27 anos xogou tamén no filial do Real Murcia. E nestes oito anos que leva como profesional ten unha ampla experiencia tanto en Terceira coma en Segunda B, na que xogou dúas tempadas con filial do Deportivo.
Ademais o clube confirmou as baixas de Maikel, que había ocupado os corazóns de toda a grada cos seus goles, e Imanol, un referente no centro do campo, así como a renovación por un ano de Manu Rodríguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario