Benvido de novo Tachi!

Máximo Oubiña Mariño 'Tachi' é a primeira incorporación do Compos 2012-13. O defensa de Boiro procede do Villalonga, onde xogou as últimas tres tempadas, e voltará á Esedé despois da súa etapa na Segunda B na 2003-04. Ademais aos seus 29 anos xa ten experiencia en Segunda B xa que ademais de xogar no Compos, tamén militou no Celta B e no Cidade de Santiago entre outros. 
Na súa derradeira campaña no Villalonga anotou catro goles xogando desde a defensa. 
Agora só queda por dicirlle que moitísima sorte na súa segunda etapa cas cores do Compos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario