Troco na banda

 O San Xoán tráenos dúas novidades en 'casa Compos', unha saída e unha chegada. As dúas pezas, para a banda dereita dun equipo que perde a Roque despois de dous ano no primeiro equipo e que se reforza co extremo catalán Pep Caballé, procedente do Racing de Ferrol. 

 Extremo dereito, aínda que tamén pode xogar de lateral pola mesma banda ou mediapunta, catalán de trinta e tres anos. Pep Caballé chega ao Compos despois de tres anos no Racing de Ferrol onde non puido amosar todo o seu potencial por mor dunha lesión de longa duración. Mil cincocentos minutos en vinteoito partidos nos que anotou un total de catro goles, pasando máis dun ano en branco. Un xogador que, antes, pasou polas filas do Ibiza, co que tamén acadou o ascenso á Segunda división, e que pasou gran parte da súa carreira no Cornellà, dende a súa chegada ao fútbol senior en 2009. 


 Pola súa parte, deixa o Compos Roque. O de Ames superou os sesenta partidos nas filas do Compos dende a súa estrea ás ordes de Yago Iglesias na tempada 20/21 e converteuse nun fixo nos onces dos dous últimos cursos, cambiando a defensa polo centro do campo con Fabiano. Máis de cinco mil minutos nos que anotou un gol e asinou tres asistencias. Un xogador que sempre dou o mellor de si mesmo e ao que só queda desexarlle o mellor na súa carreira deportiva. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario