As tres primeiras renovacións

 O Compos 23/24 vai collendo forma. Coa fichaxe do adestrador e xa unha pequena base de xogadores, chegan as tres primeiras renovacións. Parapar e Jordan sumarán un terceiro curso, asinando ata 2024, mentres que Pablo Crespo terá contrato ata 2025, sumando tamén tres anos de cumprir ata o final. 

 Comezamos coa primeira. O pasado mércores, Pablo Crespo confirmou a súa presenza por dous anos máis. O central, que se convertiu nun seguro na defensa branquiazul no seu primeiro ano en Santiago, seguirá ata 2025. Un xogador que tardou en poder entrar no equipo por sanción e que sumou un total de vintenove partidos, todos como titular, e superou os dous mil cincocentos minutos nos que anotou un gol contra o Ourense CF no Couto. 

 Parapar, que chegou hai xa dous anos, completará a súa terceira tempada. O extremo coruñés participou nun total de trinta e un partidos este curso, quince deles como titular, con mil cincocentos minutos. Sumou un gol nesta tempada, contra o Marino de Luanco que servía para asinar a presenza na fase de ascenso, e oito asistencias que o converten, un ano máis, no máximo asistente do equipo. 

 E acabamos con Jordan. O de Salvaterra xogou un total de trinta partidos, dezanove como titular e só catro completos, superando os mil setecentos minutos de xogo. Asinou tres goles e repartiu catro asistencias, sendo o segundo que máis pases de gol puido dar xunto con Darío, só superados polo antes nomeado Parapar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario