Reforzo para o ataque

 O Compos aproveitou o día festivo para reforzar o equipo cun novo dianteiro que ocupe, ata final de ano, a baixa de Allyson. Iván Martín, dianteiro andaluz, chega para ocupar a baixa de Allyson ata xaneiro e axudar nun equipo moi necesitado de reforzos ofensivos. Aos seus 27 anos conta con experiencia tanto na Segunda B coma no fútbol polaco e o seu último equipo foi a Balompédica Linense de Primeira Federación, equipo do que quedou libre en xullo.

 Formado na base do Betis, deixando o filial en 2015, pasou por Écija, Alcoyano, Tudelano, Valladolid Promesas e Pontevedra. Máis de 70 partidos na Segunda B con 12 goles no seu haber antes de deixar o fútbol español rumbo a Polonia. Unha tempada no Odra Opole da Segunda polaca que lle abriu as portas da máxima categoría do país, chegando ao Podbeskidzie, no que permaneceu medio curso ata chegar, en xaneiro, á Balona.

 Xa de volta no fútbol español, foi unha peza importante do equipo andaluz para pasar da Segunda B á Primeira Federación, na que o pasado ano un total de 660 minutos en 17 partidos, 7 deles como titular e facendo 1 asistencia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario