Última peza para o ataque

 A menos de dúas semanas para que dea comezo a nova tempada, o Compos segue reforzando o equipo. Nesta ocasión, chega un dianteiro. Allyson, dianteiro brasileiro de 28 anos, chega ao equipo para pechar a zona ofensiva, aínda coa fichaxe dun defensa pendente de confirmarse. Asina ata 2023. 

 Ex de El Ejido, Numancia ou Langreo, onde militou as dúas últimas tempadas, destaca polo seu físico máis que polos números que vén deixando. Un xogador cunha longa experiencia na categoría de bronce ao que as lesións non lle permitiron demostrar todo o seu potencial. 

 En 2013, comezou a súa carreira no Covadonga, procedente do Xuvenil do Roces. Dous anos no filial do Oviedo, outro ano máis no do Levante, unha tempada no Villanovense e volveu a Asturias para xogar no Langreo, onde fixo o gol do triunfo en San Lázaro, de penalti, en 2021. Tres anos no cadro langreano para chegar a un Numancia onde non tivo sorte coas lesións deixándoo en xaneiro e recalando no El Ejido, tamén de Segunda RFEF. 

 A pasada tempada, o seu protagonismo baixou moito por mor das lesións. 14 partidos entre Numancia e El Ejido, con só 6 titularidades, e algo máis de 600 minutos onde anotou 2 goles. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario