Pablo Durán, despois duns meses de negociacións, deixa o Compos dirección Vigo. O dianteiro de Tomiño seguirá medrando na súa carreira pasando agora ás filas do Celta B, na Primeira RFEF. Un acordo polo xogador ao que lle quedaba aínda un ano de contrato e que inclúe compensación económica para os nosos así como algunha cesión para o equipo santiagués procedente do clube olívico e algunha que outra cousa máis de cara ao futuro.
Pablo Durán chegou do Porriño Industrial o pasado verán para mellorar a súa carreira, prometedora, e conseguiu facerse un oco nun Compos ao que lle dou moitos puntos. 32 partidos xogados, gran parte na banda, e 18 deles partindo dende o once titular. 1.755 minutos, 8 goles e 2 asistencias para un '9' que namorou a media Galiza e parte do fútbol español aceptando agora a oferta do clube vigués.
E chega...
Darío Germil. Dianteiro de 20 anos, santiagués e con pasado nas filas do Xuventude de Oroso, onde se formou ata 2020, que deixou Sigüeiro por Vigo logo de debutar tamén co equipo de Preferente. A tempada pasada acadou o ascenso á Terceira división co Celta C-Gran Peña adestrando co Celta B e debutando en Primeira RFEF. En total, entre os dous equipos, 33 partidos e 18 goles, todos eles co terceiro equipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario