Titular para a defensa

 Últimos días de mercado e o Compos segue reforzando o equipo de cara á nova tempada na Segunda RFEF. Logo da chegada de Allyson, xusto antes da Final da fase autonómica da Copa RFEF, chega a fichaxe de Riki Mangana. Lateral que pode xogar nas dúas bandas, formado na base do Coruxo e unha longa experiencia na categoría de bronce malia a súa idade, sendo ésta a primeira campaña na que ocupará unha ficha 'senior'. Asina ata 2023. 

 Nado en Caracas e saído da canteira do Coruxo, pasou tamén polos xuvenís de Val Miñor e Celta, onde continuou defendendo as cores do filial ata 2020 xogando un total de 37 partidos en 2 anos e medio. No inverno dese ano, deixou Vigo e pasou ás filas do Guijuelo en calidade de cedido, onde só puido participar en 4 encontros antes do parón pola Covid. Volveu á casa e pasou media tempada antes de saír de novo, nesta ocasión ao Coruxo, tamén cunha cesión, xogando 11 partidos coa elástica verde. E xa non volvería vestirse de celeste deixando o clube o pasado verán, ao que chegou en 2016, para defender as cores da Cultural y Deportiva Leonesa. 

 A tempada pasada, no Reino de León, xogou un total de 1.700 minutos repartidos en 28 partidos sendo un dos cursos onde tivo máis protagonismo no equipo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario