Un canario para o ataque

 Elliot Gómez xa é novo xogador do Compos. O extremo canario, que xa puido debutar na Segunda división, reforza o ataque branquiazul puidendo xogar nas dúas bandas así como en punta. Un futbolista que chega dende o filial do Tenerife despois de ter debutado co primeiro equipo no fútbol profesional. Asina ata 2023. 

 Formado na base do Tenerife, chegou ao Real Madrid aínda na etapa de formación puidendo xogar, incluso, a UEFA Youth League, mesma competición na que tivo algúns minutos Damián Canedo o pasado curso. Pechada a etapa da base, pasou ao Castilla deixando o equipo ao comezo de curso rumbo ao Burgos, onde non gozou de moitas oportunidades. Con isto, pasou ao filial do Tenerife no inverno de 2019 alternando tamén co primeiro equipo tanto en Segunda división coma na Copa do Rei. No verán, tomaría rumbo ao filial do Valladolid en calidade de cedido, mesma opción que tomaría para xogar o curso pasado no Hércules, onde xogou 21 partidos e anotou 1 gol. 

 O canario, con 23 anos, asina por un curso e son xa 17 xogadores con ficha do primeiro equipo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario