Volve O Rei!

 O Compos 22/23 xa ten quen leve o mando do equipo. Fabiano Soares, 'O Rei', volve á que durante moitos anos foi a súa casa para a terceira etapa como adestrador. O brasileiro, que arrincou a súa etapa como técnico na capital galega e pasou por equipos galegos, portugueses, xaponeses e brasileiros, volve a Galiza só uns días despois de rematar a súa estancia no EC Vitória da Serie C. 

 Fabiano, máis que coñecido por todos en Santiago, pasou media carreira deportiva nas filas do Compos, sendo un dos xogadores con máis partidos na historia do clube e o que máis veces vestiu a elástica branquiazul na Primeira división. 357 partidos entre 1992 e 2004 en dúas etapas diferentes, cunha breve cesión ao Botafogo en 2001. 

 Logo de retirarse en 2004 comezou a súa carreira como adestrador volvendo ao Compos en 2006 para un curto período de tempo no que non foi quen de conseguir sacar ao equipo da categoría. Non obstante, volvería en 2009, na Segunda B, para afrontar un novo un reto moi difícil nun equipo que descendería dúas categorías por mor dos problemas económicos. 

 Fóra do Compos, adestrou a Bergantiños, Estradense, Estoril Praia durante seis tempadas repartíndose entre segundo e primeiro adestrador, Atlético Paranaense co que conseguiu clasificarse para competicións continentais, Jeonnam Dragons nipón, Barra FC e EC Vitória, co que rematou hai menos de dúas semanas o seu compromiso. 

 Agora, volve á súa casa e asina por unha tempada. Benvido! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario