Reforzo na banda

 A segunda fichaxe do Compos xa é unha realidade. Martín Salvador é novo integrante do equipo para as dúas seguintes campañas e chega procedente das filas do Peña Sport, equipo do grupo II da Segunda RFEF. Lateral esquerdo pamplonés, formado na base do Osasuna e que, aos seus case 21 anos, xa foi un habitual na súa primeira campaña na categoría. 

 Logo de saír de Osasuna, chegou ao filial do Calahorra, en 2020. No filial rioxano, na Terceira división, xogou un total de 14 partidos superando os 1.100 minutos e anotando un gol na vitoria contra o Atlético River Ebro. O curso pasado, no Peña Sport dobrou esa cantidade chegando aos 29 partidos, 27 como titular, e pasando os 1.900 minutos sobre o campo, marcando un gol contra o filial do Osasuna. 

 Agora, chega a unha posición sen dono logo da saída de Jimmy e aumenta un equipo no que hoxe se confirmou a presenza de Parapar. Asina ata 2024. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario