A só dous meses para o comezo da liga, o Compos segue formando un equipo competitivo. Despois das fichaxes de Pablo Crespo e Martín Salvador, Fabiano poderá contar na defensa con Damián Canedo, prometedor central esquerdo que procede do Xuvenil A do Fútbol Club Barcelona.
Santiagués, de só 19 anos, ten a capacidade de xogar tanto de central como de lateral pola esquerda. Formouse nas filas do Xuventude de Oroso chegando, en Cadetes, ao Celta. De aí, ao Xuvenil do Barcelona onde militou as tres últimas campañas, volvendo á súa terra para comezar a etapa 'senior'. No Xuvenil A do cadro blaugrana xogou un total de 14 partidos e algo máis de 500 minutos entre liga, Copa de Campións e Youth League, conseguindo dous títulos.
Agora, asina ata 2024 e acompañará a Casas, Roque, Pablo Crespo e Martín Salvador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario