A primeira peza para o ataque xa está ás ordes de Fabiano. Procedente do Bergantiños chega Jorge Cano, dianteiro polivalente con experiencia na Segunda B e Terceira división. Capaz de xogar en bandas ou en punta, o coruñés asina pola Esedé por un curso e acompañará na parte ofensiva a Pablo Durán e Parapar, a día de hoxe os dous futbolistas en nómina que apuntan aos postos ofensivos.
Cano comezou a súa carreira nas filas do Montañeros. No conxunto coruñés xogou un total de 3 cursos na Segunda B pasando no seguinte ano ás filas do Fabril, co que pelexou por ascender á categoría de bronce. Dous anos en Cerceda e tres en Boiro, cun ascenso á Segunda B incluído, serviron para abrirlle as portas do Bergantiños no verán de 2018. No cadro carballés, catro tempadas con máis de 120 partidos.
A pasada tempada desputou un total de 2.000 minutos repartidos en 34 partidos e anotou 3 goles, sendo a súa cifra máis baixa dende a 2009/10.
Con el, son xa 15 xogadores con ficha do primeiro equipo para a vindeira tempada. Restan aínda varias chegadas máis, sobre todo para as posicións de ataque, que estarán para antes do comezo do novo curso, para o cal aínda non temos calendario coñecido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario