O primeiro ascenso

 O Compos segue traballando no novo curso con Castiñeiras confeccionando o novo plantel. E despois das chegadas de Pablo Crespo, Martín Salvador e Damián Canedo, hoxe é a quenda do ascenso dende o Sigüeiro de Mario Constenla. O centrocampista de Forcarei segue o camiño de Roque e deixa o filial para formar parte do primeiro equipo. Asina ata 2024. 

 Mario formouse nas categorías inferiores do Pontevedra, chegando ao Xuvenil A do Compos en 2020, co que acadou o ascenso á División de Honor. Na tempada pasada, xogou no filial branquiazul, o Sigüeiro, un total de 25 partidos participando tamén na fase de ascenso á Terceira división. Incluso, marcou un gol na vitoria contra o Xallas na Preferente Norte. A maiores, estivo en 3 partidos ás ordes de Rodri Veiga, sendo titular e completando o encontro fronte ao Unión Adarve en Madrid. Tamén tivo minutos en Avilés e Salamanca acabando con 110 minutos no primeiro equipo. 

 Dous por decidir. 

 Do curso pasado, quedan dous xogadores con oferta de renovación que aínda non deron a súa palabra. Escudero e Salado, dous dos chegados no pasado verán, son os únicos dos que aínda non se coñece o seu futuro. Xa libres, con opción de asinar con calquera, terían proposta do clube para continuar, pero aínda sen dar a súa decisión. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario