Vesprini volve a Lugo

 Matías Vesprini pon punto e final á súa segunda cesión no Compos. O central arxentino, que gozou de moitas máis oportunidades que no curso anterior, despídese hoxe do equipo da capital galega co que se estreou na Segunda B e na Segunda RFEF, onde podería continuar de seguir nas filas do filial lugués. 

 Despois dunha tempada complicada, na que tivo que xogar a gran parte dos seus minutos, escasos, no lateral, Vesprini pasou a ser o segundo central do equipo acompañando a Álvaro Casas na defensa. O arxentino superou máis de 1.300 minutos sendo, despois do capitán, o central con mais minutos. A maiores, hai que sumarlle un gol de falta directa contra o Unión Adarve demostrando a súa gran pegada a balón parado. Por contra, deixou de aparecer nos plans de Rodri Veiga despois da cita contra o Marino de Luanco, sendo a súa última presenza non só no once titular senón que, ademais, tamén nas convocatorias. 

 Agora só queda agradecerlle o seu traballo e desexarlle moita sorte no futuro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario