Josiño é outra das baixas xa confirmadas, neste caso por el, no medio desta tormenta formada no seno da SD Compostela por mor da venta fallida e todo o que iso levou posteriormente en redes sociais. O mediapunta confirmou a súa baixa en redes sociais e deixa o equipo despois de 4 anos, cun ascenso á Segunda B incluído.
O de Bueu chegou en 2018 procedente das filas do Ribadumia. Na súa primeira tempada, chegou aos 30 partidos entre liga e Copa do Rei, con algo máis de 1.400 minutos e 3 goles na súa conta particular. No seguinte curso, antes da pandemia, tivo a oportunidade de xogar 21 partidos e facer 4 goles, participando tamén nos dous da fase de ascenso. Xa na Segunda B, 23 partidos máis superando os 1.200 minutos e con 1 gol, contra o Langreo na segunda fase.
Na pasada tempada, outros 29 partidos para completar os 105. Algo máis de 1.500 minutos, sendo a súa maior aparición nos plans do equipo, e un gol na goleada contra o Ceares. 17 partidos como titular e 12 como suplente con só 5 completos.
Agora, só queda agradecerlle o feito nestes anos e desexarlle moita sorte no futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario