As baixas no Compos sucédense con contagotas. O equipo, aínda sen confirmar o troco de dono, segue aumentando o capítulo de baixas. Neste caso, este sábado anunciou Guille Torres a súa non continuación no equipo da capital galega nas redes sociais, adiantándose ao anuncio por parte do clube. O central catalán, que estivo no equipo os dous últimos anos, non foi quen de facerse un oco e pechou así a súa etapa 'sub-23'.
Guille Torres chegou ao Compos no verán de 2020 procedente das filas do Don Benito. Como terceiro central, por detrás de Casas e Soto, tivo un total de 12 partidos no seu primeiro curso sendo titular en 10 e vendo 3 cartóns amarelos en algo máis de 850 minutos.
Esta pasada tempada, coa saída de Soto, o catalán tivo que repartir a compañía con Casas con Vesprini e Baleato. Xogou un total de 1.250 minutos, superado polo defensa arxentino en 17 partidos, con 14 deles saíndo no once titular ás ordes de Rodri Veiga. Nese tempo viu 5 cartóns amarelos e foi expulsado contra o Bergantiños na derrota nas Eiroas.
Agora, só queda agradecerlle o traballo realizado e desexarlle moita sorte no seu futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario