Rodri Veiga deixa o banco do Compos despois de seis anos entre segundo adestrador con Yago Iglesias e a cargo do equipo neste pasado curso. O valdeorrés, que pasou xa por varios postos dentro do clube, seguirá ligado ao mesmo na secretaría técnica manténdose no clube dos seus amores e sendo, unha vez máis, unha peza importante no mesmo.
Como primeiro adestrador, a sorte non o acompañou. Unha moi boa primeira volta, rematando na parte alta da clasificación e sumando unha boa cantidade de puntos, malia un gran número de empates, continuou cunha segunda non tan positiva, dando a volta ás sensacións e acabando lonxe deses postos de privilexio, nun vestiario complicado.
En total, con el no posto, o equipo sumou 11 vitorias, 14 empates e 9 derrotas, gran parte delas nunha segunda parte do campionato para esquecer. 47 puntos cos que non se cumpriron os obxectivos véndose en poucas ocasións o nivel real deste equipo, que foi capaz do mellor e do peor.
Agora, só queda agradecer a Rodri todo o feito neste curso e desexarlle moita sorte no futuro, ligado ao equipo dos seus amores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario