Non houbo partido

 Compos e Arenteiro medíronse nunha cita complicada no Vero Boquete. Dous equipos con problemas, uns máis que outros, e que non deixaron sobre o verde un partido para recordar. Partido moi espeso, con demasiadas interrupcións, poucas ocasións, ningún gol e un total de oito cartóns nunha xornada na que ata sete partidos acabaron con empate no marcador. 

 Do partido, pouco que contar. O primeiro tempo contou con menos de media hora co balón en xogo. Dende o primeiro minuto, se o Compos tiña o balón, habería unha falta na zona do medio do campo. Se, pola súa parte, era o Arenteiro quen manxeaba o esférico, ao mínimo contacto irían ao chan e pasarían medio minuto perdendo tempo sen intención de probar a fiabilidade de Pato. Con isto, co paso dos minutos irían sacando aos nosos do partido e provocando que non se pasara do centro do campo. 

 Na segunda metade, máis do mesmo. Moita dureza, moitas interrupcións e, incluso, menos tempo co balón en xogo. Mostra disto, Primo, Guille Torres, Pablo Antas e Álvaro Casas, que tivo que retirarse tocado despois do xogo duro do equipo dos homes de Fran Justo, viron un cartón amarelo todos en menos de dez minutos de diferenza entre o primeiro e o cuarto. 

 Os trocos melloraron un pouco. 

 A entrada dos trocos ao campo serviu, sobre todo, para mellorar no anímico. Con Josiño, Rafa Mella e Pablo Durán, o equipo buscou algo máis a portería contraria mais sen ser capaces de superar o peligroso muro de xogadores dun Arenteiro que tivo que rematar con dez pola expulsión de Ger. Pouco despois chegaría a mellor oportunidade dos nosos para levar os tres puntos cun disparo de Roque que petou no pau e o posterior rexeite, que mandou fóra Escudero a porta baleira. Probaría sorte tamén Pablo Durán, xa no engadido, intervindo Diego para darlle un punto ao seu equipo. 

 Unha cita, sen dúbida, para esquecer que evita que os nosos recurtaran diferenzas con respecto ao Adarve e ao Pontevedra, quedando os tres equipos coas mesmas diferenzas e sendo o Navalcarnero, unha semana máis, quen leva os tres puntos e se achega ao máis alto superando aos nosos na táboa para situarse, de novo, terceiros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario