Hai unhas horas era Brais Abelenda o que collía rumbo a Pontevedra para xogar a vindeira tempada no equipo granate e hoxe é David Soto quen o acompaña. O central ourensán, parella de Álvaro Casas nas dúas últimas campañas, tampouco acepta a oferta de renovación do Compos e compaña ao dubrés ao equipo que, se todo segue segundo rumores, estará dirixido por outro ex branquiazul.
Soto chegou ao Compos procedente do Lorca no verán de 2019. Nas dúas últimas tempadas, nas que foi un fixo no centro da defensa e pasando ao lateral cando foi preciso, xogou un total de 51 partidos e anotou 3 goles. Ademais, foi unha peza fundamental para os plans de Yago Iglesias ao longo deste tempo demostrando unha gran seguridade e servindo ao equipo para sumar moitos puntos así como un ascenso á Segunda B.
Agora só queda darlle as grazas por todo e desexarlle moita sorte no futuro, no que regresará ao Vero Boquete como rival.

Ningún comentario:
Publicar un comentario