Segundo paso

Isto non para. O Compos segue a renovar ao equipo que o levou á Segunda B e hoxe confírmase que un dos xogadores con mellor futuro permanecerá ata dous anos máis. Josiño, que todo apunta a que non tardará en chegar ao fútbol profesional, sumará, se todo vai ben, catro anos nas filas da Esedé manténdose ás ordes de Yago Iglesias co que foi un habitual ao longo das dúas campañas pasadas. 
Procedente do Ribadumia, xogando case todo, chegou ao Compos onde pasou de titular indiscutible a ter un oco importante no equipo repartindo entre o once titular e o banco de suplentes tanto na primeira coma na segunda tempada nas filas do conxunto branquiazul. Sumou un total de 55 partidos e superando os 2.500 minutos entre liga, Copa do Rei, Copa RFEF e as dúas fases de ascenso sumando un total de 8 goles e, sobre todo, moitas asistencias importantes como a que supuxo o gol de Gabri fronte ao Barco en Balaídos. 
Aos seus 23 anos, e logo de demostrar moito na Terceira división, o de Bueu terá a oportunidade de seguir demostrando aínda máis na categoría de bronce, ás portas dun fútbol profesional ao que chegará antes ou despois con total merecemento. 

O luns, reunión.
O futuro máis próximo do fútbol non profesional, o inicio da vindeira tempada, está aínda no aire. Con aínda catro integrantes da competición por coñecerse, entre eles un descendido da Segunda división, e que non deixan de aparecer máis casos de coronavirus, a nova idea da RFEF é arrincar as categorías de Segunda B en adiante no mes de xaneiro e non no mes de setembro ou na primeira semana de outubro como se falaba nun principio. Non obstante, haberá que esperar ao luns, cando se reúnan RFEF e as territoriais, para saber algo máis.


Ningún comentario:

Publicar un comentario