Parella de centrais, confirmada

Por segundo ano, Álvaro Casas terá como acompañante no centro da defensa a David Soto. Un central que non tardou en facerse un oco como fixo no once titular a base de grandes actuacións sendo unha parte moi importante tanto no récord de portería imbatida de Pato así como nun ascenso histórico. 

Soto comezaría a súa carreira na base do Celta, debutando na Segunda B en 2010 e debutando co primeiro equipo en Balaídos un ano máis tarde contra o Cartagena. Seguiría no filial celeste ata 2015 pasando a outro filial, o do Almería, do que formaría parte durante unha tempada antes de volver a terras galegas para xogar nas filas do Boiro en Segunda B con Pato, Jimmy e Juampa. Outra tempada histórica para o ourensán sería a xogada no Cerceda na categoría de bronce, sendo tamén titular, baixando unha categoría un ano máis tarde pasando ás filas do Lorca, co que perdería na primeira fase da promoción de ascenso.

Chegado das filas do Lorca, despois de pasar case toda a súa carreira senior na Segunda B, Soto non tardou en ser un fixo no once titular do Compos ao lado de Álvaro Casas convertíndose na mellor parella de centrais da categoría. Un total de 25 partidos, superando os 2.200 minutos só na competición regular, nos que marcou un gol na vitoria fronte ao Choco no Vero Boquete. Ademais, foi expulsado contra o Lugo B supoñendo así o primeiro partido que se perdería, contra a UD Ourense, sendo o segundo fronte ao filial lugués por acumulación de amoestacións. Ademais, sería o autor da asistencia no segundo gol fronte ao Barco na semifinal polo ascenso e acabaría de novo expulsado contra o Ourense xa no engadido. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario