Xa era por todos sabido, mais Álvaro Casas é a terceira peza deste Compos de Segunda B. O capitán santiagués, que tiña dous anos de contrato, seguirá mandando no equipo branquiazul polo menos unha tempada máis, aínda que todo apunta a unha ampliación de contrato á volta dos adestramentos buscando que sexa unha das pezas fundamentais no futuro do equipo.
Por cuarto ano consecutivo, Casas será unha das pezas máis importantes no equipo que, se todo vai ben, dirixirá de novo Yago Iglesias. Chegou a Santiago procedente do filial do Real Oviedo en xullo de 2017 e xa supera os 100 partidos coa camisola da Esedé entre liga, Copa do Rei, Copa RFEF e ata tres fases de ascenso.
Agora, volverá a unha Segunda B na que xa conta con experiencia logo do seu paso por Mensajero e Celta B xogando nunha posición algo máis adiantada á que estamos acostumados no Compos e cos que sumou un total de 27 encontros na categoría de bronce.
Terceiro.
Todo apunta a que, se todo vai ben, están case todos xa renovados. Non obstante, polo de agora son só tres os futbolistas confirmados para a vindeira tempada xunto con Brais Abelenda e Borja Rey. Quen será o seguinte?

Ningún comentario:
Publicar un comentario