Gabri Palmás segue outro ano

As renovacións en 'Casa Compos' seguen facéndose oficiais como recompensa polo ascenso histórico á Segunda B e hoxe foi a quenda de Gabri Palmás. 'O Rei das bateas', como xa é coñecido polo Vero Boquete, probará sorte na categoría de bronce por primeira vez aos seus 21 anos ocupando unha praza sub-23, sendo a segunda neste caso logo de Borja Rey.
Gabri chegou a Santiago procedente do Choco, onde participara o cursos anterior en todos os partidos de liga ao igual que un ano atrás nas filas do Alondras superando os 3.000 e os 2.000 minutos respectivamente. No Compos pasou a ser un suplente habitual nas segundas partes e unha parte fundamental neste treito dos partidos sendo autor dun gol contra o Barco na semifinal da fase de ascenso, entrando no engadido do segundo tempo xunto con Josiño e pechando entre os dous a vitoria branquiazul. Ademais, tamén conseguiu o tanto do empate contra o Coruxo que forzaba a prórroga na Copa RFEF.
Gabri xogou un total de 27 partidos entre liga e fase de ascenso, faltando á súa cita en só dous xogos, e foi autor de 5 goles superando os 1.000 minutos sobre o verde.
Con el son sete os xogadores confirmados de xeito oficial e acompañará a Brais Abelenda no ataque dun Compos para o que xa soan, un ano máis, grandes xogadores da Terceira galega. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario