Baleato, ata 2022

A zona de creación titular do Compos semella estar xa completa. Coa renovación de Samu, oficial o pasado domingo, agora chega a de Roberto Baleato por dous anos máis. Un xogador que chegou o pasado verán para traer experiencia ao equipo e pasou a ser un eixo fundamental no once mellorando aínda máis en tarefas defensivas. Un indiscutible nos plans de Yago Iglesias que volve á categoría de bronce logo de tres anos. 
Baleato arrincou a súa carreira na base do Deportivo para pasar ás filas do Ordes, onde estivo tres tempadas con outra, no medio, nas filas do Racing de Ferrol facéndose un oco na Terceira división. Durante outros catro cursos, dende 2013, formaría parte dun Somozas para a historia conseguindo o ascenso á Segunda B e deixando o equipo sendo un dos fixos no once na categoría de bronce para ser un dos mellores xogadores na súa posición da Terceira nas filas do Bergantiños, co que superaría os 70 partidos de liga e xogaría unha fase de ascenso. 
Xa no Compos, foi un seguro nos plans de Yago Iglesias ao longo de todo o curso. Máis de 1.800 minutos entre liga e fase de ascenso, onde foi un revulsivo en defensa moi necesario, faltando só na vitoria dos nosos fronte ao Rápido de Bouzas no Vero Boquete.
E con el son xa seis os xogadores confirmados para a vindeira tempada. Quen será o seguinte? 


Ningún comentario:

Publicar un comentario