Emblema do clube

 Óscar Seoane Mella, máis coñecido como Jimmy, é un futbolista que pasou á historia do Compos na última tempada do equipo na Segunda B por superar os 250 partidos oficiais coa camisola branquiazul. Un futbolista que, a día de hoxe, supera os 300 partidos como xogador do Compos en tres etapas e que foi quen de conseguir ata 4 ascensos, sendo tres deles a unha Segunda B á que volve despois de pasar un ano na Terceira axudando e sendo peza fundamental na volta do equipo á categoría onde o deixaron tanto Pato coma el en 2016.

 Pouco se pode contar que non se saiba dun dos grandes xogadores da historia da Esedé. Un futbolista que se asentou no primeiro equipo en 2007 para ascender co equipo de Preferente a unha Terceira división onde serían campións ascendendo, contra o Atlético Monzón, na rolda de campións. Así chegaba a súa primeira tempada na Segunda B como futbolista branquiazul nun curso complicado e que rematou con descenso tanto no campo como nos despachos, pasando o equipo de novo a Preferente dúas tempadas. Non obstante, el tomaría a porta de saída por primeira vez para manterse na Segunda B, nas filas do Montañeros durante dúas campañas volvendo de novo á súa casa para sumar o segundo ascenso á categoría de bronce na que estaría tres cursos máis acadando no último a cifra de 250 partidos como xogador da Esedé, superando a seguinte cifra, os 300, esta mesma tempada contra o Arzúa no Vero Boquete. Aí compartiría equipo, por primeira vez, con Pato. 

 Tres grandes tempadas para seguir aumentando a súa experiencia de bronce e que lle abriron as portas do Boiro, onde se atoparía con Soto e Juampa, pasando despois por Pontevedra e Arenas de Getxo, tamén nunha Segunda B na que está a piques de sumar un total de 250 partidos totais.

 Agora, buscará seguir sendo titular nun Compos no que xogou a pasada campaña un total de 24 partidos entre liga, fase de ascenso e Copa RFEF, superando os 2.000 minutos de xogo e marcando un total de 3 goles, servindo un deles para abrir a vitoria fronte ao Barco en Balaídos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario