Rodri tampouco continúa

Rodri Alonso chegou á Esedé este verán procedente do Rápido de Bouzas coa intención de cubrir o posto que deixaba vacante Aythami. O de Ponferrada non chegou a dar un bo nivel nas filas do equipo dirixido por Yago Iglesias perdendo a titularidade e pasando a un segundo plano en favor de Brais Abelenda, que pasou a ser o nove titular logo da recuperación de Hugo Sanmartín, e de Primo logo da súa chegada. Un dianteiro que marcha con pouco tempo de xogo e, sobre todo, pouca efectividade. 
Cunha boa experiencia na Terceira e a Segunda división B, Rodri chegaba ao Compos cubrindo unha praza que nas dúas últimas campañas contou con grandes figuras. Un dianteiro que debutou en partido oficial como titular fronte ao Alondras e que tardía un mes, na súa anterior casa, en facer o seu primeiro e único gol en liga coa elástica branquiazul, sendo o segundo na vitoria no Baltasar Pujales. Ademais, marcaría tamén o segundo na goleada contra a Arandina na Copa RFEF. 
5 partidos como titular e outros 10 saíndo dende o banco para pechar un total de 442 minutos en liga e outros 153 en Copa RFEF, na fase estatal, sumando un total de 2 goles e 1 cartón amarelo. 

Chegará alguén? 
Hai uns días era oficial a saída, en calidade de cesión, de Alberto Freire rumbo ao Noia. Agora é Rodri o que deixa o equipo e o plantel queda agora con 18 fichas. Con isto, o equipo podería reforzarse neste mercado de inverno, moi movido na Terceira galega. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario