A toda vela

Chega un trasatlántico a Santiago no que semella ser un gran momento de forma dos nosos. Un Centro de Deportes Barco que quere darlle a volta ao seu arrinque de tempada contra un Compos que terá un partido moi importante e complicado neste 'tourmalet' branquiazul que incluíu unha prórroga e uns penaltis este pasado mércores para rematar cunha nova vitoria branquiazul e un trofeo nas vitrinas do Vero Boquete de San Lázaro, ademais do billete que dá opción aos nosos a xogar a fase estatal da Copa RFEF. 


Un comezo para esquecer.
O Barco non comezou a tempada con bo pé. Despois de 2 xornadas xogadas, os homes de Manolo Pérez só puideron sacar 1 punto en Espiñedo caendo, o pasado domingo, en Calabagueiros a mans do Alondras. Un empate a domicilio e unha derrota na casa para un equipo que quere, nun campo do que poucos puntos están a saír nos últimos anos, seguir sumando lonxe de Valdeorras. 
En canto ao seu verán, mantiveron un bo bloque de xogadores importantes facendo poucas fichaxes procedentes doutros grupos de Terceira para cubrir as escasas baixas formando un bo equipo que quere rematar un ano máis na parte alta da clasificación, co cuarto posto como teito ante a superioridade de equipos coma Compos, Fabril e un Bergantiños que chega a esta fin de semana como penúltimo clasificado. 
A nivel individual, manteñen pezas coma Ivi Vales, sempre perigoso, Juanito Bazo, que ten tomada a medida ao Compos, e unha defensa con experiencia que non puido arrincar a tempada no mellor nivel recibindo 3 goles. 

Un problema para Yago. 
Cuarto ano que se enfronten Compos e Barco con Yago Iglesias no banco branquiazul e cuarto ano no que o cadro compostelanista buscará unha vitoria con importancia que non se conseguíu nestes cursos anteriores, conseguindo só 1 triunfo e outros 2 empates nun emparellamento que na historia recente ten unha clara cor valdeorresa. 
Se historicamente, este enfrontamento é favorable ao Barco sumando a metade dos partidos con vitoria, non foi para menos dende a chegada de Yago Iglesias á Esedé. Un equipo que lle tomou a medida á perfección ao noso gañando no Vero Boquete pola mínima en 2 ocasións e outra máis en Calabagueiros. Non obstante, foi no feudo santiagués onde caeu a único vitoria grazas a un gol de Brais Abelenda no treito final a pasada tempada conseguindo en Calabagueiros 2 puntos de 9 posibles. 

Arrinques moi diferentes.
A tempada comezou hai xa case 3 semanas. 2 xornadas xogadas xa e uns resultados que distan moito do feito por un e outro equipo sobre o verde. No caso do Compos, a superioridade dun equipo moi completo quedou reflexada nos dous resultados mentres que, no do Barco, as pezas non parecen acabar de encaixar como se espera. 
Alondras e Somozas non puideron frear a unha Esedé que xa se sitúa no máis alto da clasificación sendo, ademais, o equipo con máis gol da categoría. 7 goles a favor e só 1 recibido por Pato avalan a un conxunto que se presenta como un dos grandes favoritos a pechar o curso como campión. A iso hai que engadir o triunfo agónico, na quenda de penaltis logo de 120 minutos de fútbol cheo de emoción e goles, que poden acusar no físico os nosos este domingo. 
Máis acerto tiveron Arenteiro e Alondras, este na segunda xornada. Os do Carballiño tiveron que igualar un resultado negativo logo do gol de Rubén García de penalti mentres que os cangueses esperaron ao segundo tempo para finiquitar o partido cun gran gol de Jesús Varela e outro de Jonás, este xa case co tempo cumprido. 

Volven Jimmy e Soto. 
Cun plantel curto, Yago tivo que buscar alternativas ás baixas de Soto e Jimmy para o partido contra o Ourense Clube de Fútbol. Con Queiruga e Mon no once titular, aos que engadir a Anxo baixo paus, o equipo non se mostrou máis feble nin moito menos deixando claro que todos están a un gran nivel. Non obstante, tanto Soto como Jimmy estarán dispoñibles este domingo ao igual que Alberto, xa recuperado das molestias. 
Por outro lado, sen sancionados todavía, mantéñense as baixas de Sergio Pereira e Hugo Sanmartín, que están xa na recta final das súas respectivas recuperacións e poderían contar con minutos na visita dos nosos ás Eiroas. 

Repetimos horario. 
O Compos-Barco repetirá o horario da xornada anterior. No Vero Boquete finalizará a xornada 3 este domingo ás 19 horas. Un gran partido no que se poderá ver por primeira vez a primeira equipación branquiazul e para o que as entradas terán un prezo de 10 euros para o público xeral mentres que será de balde para aboados e menores de 18 anos. 
Por contra, para quen non poida achegarse ao teatro dos soños branquiazul, poderá seguirse o xogo nas contas de Twitter tanto da Curva Branquiazul coma do clube. Ademais, poderá escoitarse en directo a través de 'Esedé Radio', na web oficial do clube. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario