Experiencia lucense

Alex Ares xa ten recambio no equipo logo da súa saída. Un substituto que chega dende un recén descendido e que toma o mesmo camiño que Rodri Alonso, xa confirmado hai días. Trátase de Pablo Antas, mediapunta lucense cunha gran experiencia na Terceira e Segunda B aos seus 28 anos. Un futbolista que xogou a pasada tempada no Rápido de Bouzas logo de debutar hai xa dez anos nas filas do CD Lugo. 
A súa carreira 'senior' arrincou no CD Lugo, ao que chegou despois de formarse no Monterroso. Dous anos na Segunda B participando nun total de 32 partidos axudando, na segunda campaña, a que o equipo puidera ser campión de liga mais quedando ás portas dun ascenso que conseguirían un ano máis tarde, xa con Antas nas filas do Órdenes. O seu camiño polo cadro verde levouno a outros dos bos equipos da Terceira, o Cerceda, onde xogou 28 partidos marcando un gol. Non obstante, o seu paso Cerceda foi de novo bastante curto asinando polo Somozas só unha tempada máis tarde, onde loitou en 35 citas entre liga e fase de ascenso conseguindo gañar a liga e ascender a unha Segunda B onde estivo tres anos nas filas do Somozas, xogando 78 partidos na categoría de bronce e marcando 8 goles, aos que engadir 6 máis na campaña anterior. Aínda así, a súa mellor conta persoal a nivel de goles estaría por chegar nas Eiroas, na súa volta á Terceira división onde anotou 7 tantos en 37 partidos. 
E chegamos xa á pasada tempada, unha vez máis na categoría de bronce do fútbol estatal. Volveu probar sorte na Segunda B, nesta ocasión nas filas do Rápido de Bouzas, nunha tempada na que non conseguiron os resultados desexados perdendo a categoría. 25 partidos xogados, 20 deles como titular, e superando os 1.800 minutos nunha tempada na que só foi quen de anotar un gol na vitoria viguesa no Helmántico contra o Salamanca CF.

Ningún comentario:

Publicar un comentario