Seguro baixo paus

Anxo defenderá a portería da Esedé un ano máis. O gardamallas negreirés quere ser de novo un seguro baixo paus que o levaron á capital galega procedente do Pontevedra e, malia non ser titular en liga nas primeiras xornadas, acabou sendo un fixo que completou todos os minutos tanto na Copa do Rei coma na fase de ascenso, aos que sumar a metade dos partidos en liga.
Máis de 2.000 minutos ao longo de toda a tempada levan a Anxo a defender a portería branquiazul por segundo ano. Renovado por un ano, buscará facerse de novo cun oco no once titular como xa fixo en 23 partidos oficiais ao longo da pasada campaña gañando a titularidade a un Lorenzo que buscará seguir o seu camiño lonxe do Vero Boquete. Ese camiño, levou ao canteirán do Deportivo a recibir 29 goles e deixar a súa porta baleira en 5 citas sendo unha das pezas importantes na vitoria contra o Mensajero en Copa.
Coa renovación do gardamallas, son xa once pezas confirmadas para a vindeira tempada. E o mellor está aínda por chegar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario