Primeira peza

Menos de dous días tardou o Compos en asinar á súa primeira pedra de cara á vindeira tempada. Álvaro Casas será un dos capitáns do equipo e peza fundamental por terceiro ano consecutivo. Unha renovación importante polo peso do central no vestiario e que, sen dúbida, será imprescindible nunha nova campaña na Terceira división.
Procedente do Oviedo Vetusta, Casas asinou pola Esedé en 2017. Dende a súa chegada, un total de 75 encontros superando este pasado curso os 2.900 minutos entre liga, Copa do Rei e a fase de ascenso, que non puido rematar da mellor maneira. A isto hai que engadir dous goles, ámbolos dous a domicilio, contra Paiosaco e Porriño, inaugurando o marcador nas dúas citas. 
O central, que tamén pode actuar como centrocampista defensivo, buscará este ano o ascenso á Segunda B logo de xogar dúas promocións consecutivas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario