Creando xogo

O Compos terá, por cuarto ano consecutivo, asegurada unha parte fundamental da zona de creación de xogo. Samu, que chegou en 2016 procedente do Noia, asina por un ano a súa vinculación coa Esedé. O de Bembibre foi, ademais, un dos capitáns ás ordes de Yago Iglesias sendo unha peza importante nos plans do adestrador ribeirense, co que supera os 100 partidos na Terceira galega cun total de 82 vestindo a camisola branquiazul. 
Un xogador xove que con só 24 anos demostrou unha madurez importante acompañando este pasado curso a Mon e Marcos Remeseiro no centro do campo sumando un total de 25 partidos, 21 deles coma titular, e superando os 1.800 minutos de xogo sen conseguir ver portería como si fixo nas anteriores campañas. 
De menos a máis, non puido aparecer no terreo de xogo ata o partido no Vero Boquete contra o Arosa, na xornada 7 e estreou titularidade unha semana despois no empate sen goles na Malata. Novamente, foi facéndose un oco no once ata caer de novo lesionado para reaparecer de novo na casa contra o Somozas e rematar a tempada completando os partidos da promoción de ascenso así coma o do Couto. 

Novo lema. 
A peregrinaxe cara á Segunda B non saiu de todo ben estes últimos anos e o clube decidiu dar un cambio de imaxe, ou máis ben de lema. A vindeira campaña será recuperará o Camiño á Segunda B como xa ocorrera en 2012, cando o equipo acadou o ascenso á categoría de bronce da man de Anxo Casalderrey e Fredi. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario