Peza chave

Unha das pezas fundamentais nos plans de Yago Iglesias continuará na Esedé por segundo ano consecutivo. Brais Abelenda, o xogador con máis minutos da pasada tempada, será de novo un perigo constante en campo contrario vestindo a elástica branquiazul. Con só 23 anos e un futuro moi longo por diante, o dianteiro de Bembibre quere mellorar os seus números e acadar o ascenso á Segunda B. 
Procedente do Racing de Ferrol, onde debutou na categoría de bronce, chegou á Esedé para formar xunto con Alex Ares unha das parellas máis importantes no centro do campo da Terceira división. Así foi que superou os 3 mil minutos de xogo na pasada tempada, sendo o único en superar dita cifra de tempo xogado. 39 partidos entre liga, fase de ascenso e Copa do Rei e só 1 deles arrincando como suplente, contra o Arenteiro. 
En canto a goles, o do Val do Dubra asinou un total de 12 goles, todos eles na competición da regularidade. Un futbolista que conseguiu inaugurar o marcador en ata 6 ocasións e que repetiu anotación nas goleadas fronte Céltiga e Ribadumia. 
Coa renovación de Brais Abelenda xa son doce os integrantes do equipo que arrincarán os adestramentos a mediados do mes de xullo.

Primeiro amigable. 
Hai xa uns días confirmouse o primeiro amigable do verán. O 27 de xullo, sábado, o Compos visitará o Municipal A Medela, en Taboada, para medir forzas co CD Lugo nun partido que xa vén sendo habitual nos últimos anos para abrir a pretempada branquiazul e que de novo se xogará en terras luguesas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario