O dono da banda dereita

Dende que o Compos volveu á Terceira división, un home coñece á perfección a banda dereita do Vero Boquete de San Lázaro. Saro, que chegou da man de Yago xunto con Samu procedentes do Noia, converteuse nun seguro para o adestrador xogando, ata o de agora, un total de 91 partidos oficiais coa camisola branquiazul, unha cifra que superará logo de asinar por cuarto ano consecutivo co clube da capital galega. 
Saro foi unha das pezas chave nos tres anos que leva Yago Iglesias na Esedé. Con máis de 3.000 minutos no seu primeiro ano, preto dos 2.500 o segundo e superando os 2.000 neste curso xa pasado, participou tanto nun gran número de minutos de liga, desputando o posto con Sergio Pereira, ao igual que na Copa do Rei e a promoción de ascenso, sendo titular fronte ao Alavés B este mesmo mes. 
Un seguro en defensa e un gran axudante dos atacantes en labores ofensivas sendo un dos principais asistentes dos dianteiros cos seus sempre perigosos centros. Ademais, nestes tres anos anteriores foi autor de dous goles, nas Pontes o primeiro ano e na goleada contra o Negreira o segundo. 
Convértese así no sexto xogador que confirma a súa presenza o vindeiro curso ás ordes dun Yago Iglesias que aínda está por confirmarse a súa renovación. Con el son xa seis xogadores que dixeron si ao novo proxecto branquiazul. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario