Dúas confirmacións máis


Aínda que xa con contrato, o Compos confirmou dúas pezas máis para o novo proxecto de cara á nova tempada. Álvaro Naveira, que o pasado ano renovou cun contrato de dúas tempadas, e Alberto, que asinou a súa renovación este mesmo curso logo de sufrir unha grave lesión que o mantivo fóra dos terreos de xogo case toda a tempada, buscarán por terceiro ano consecutivo o ascenso á Segunda división B. Dúas pezas que reforzarán o lateral da defensa e o centro do campo dun equipo que xa suma cinco integrantes. 
Un fixo pola esquerda. 
Logo da retirada de Cabrejo, chegou procedente do Fabril Álvaro Naveira. O lateral coruñés chegou logo de non ter protagonismo nas filas do filial deportivista para ser un fixo ás ordes de Yago Iglesias. Máis de 60 partidos en dúas tempadas e superando os 5.200 minutos coa camisola branquiazul, repartindo algo máis de 2.600 por curso, convertíndose en dono da banda, sendo unha peza chave tanto en traballos defensivos coma ofensivos, asistindo en boa parte das xogadas de ataque dos nosos.

Unha lesión deixouno sen tempo. 
Alberto, canteirán branquiazul, non puido ter a súa mellor tempada nas filas do conxunto dirixido por Yago Iglesias. O centrocampista negreirés sufriu unha lesión que o mantivo sen poder xogar dende o pasado verán, onde non puido participar na pretempada, e ata a cita contra o Arenteiro, onde puido xogar os últimos minutos. Gozou tamén da oportunidade de ter un tempo na derrota no Municipal de Laracha e foi titular contra o Somozas mais sen poder superar sequera os 100 minutos de xogo, que se suman aos 400 da tempada anterior na que puido incluso anotar un gol contra o Somozas no Vero Boquete. 

Nas vindeiras horas, a directiva seguirá conversando co resto dos xogadores para buscar mellorar este equipo así como con Yago Iglesias, que podería contar con ofertas de superior categoría. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario