O Compos ten a súa primeira baixa do verán. David Uña deixa a Esedé despois de dous anos e medio nos que foi un fixo no centro da defensa nos que sumou un total de 66 partidos entre Liga, Copa do Rei e as dúas fases de ascenso nas que o equipo non puido acadar o premio que se buscará por terceiro curso consecutivo. O madrileño agora buscará seguir a súa carreira lonxe de Santiago.
Procedente do Orihuela e logo de pasar polas filas de equipos coma o Atlético Astorga ou os filiais de Villarreal e Atlético de Madrid, Uña asinou pola Esedé para reforzar o centro da defensa do equipo dirixido por Yago Iglesias en xaneiro de 2017 adaptándose rápido ao equipo e facéndose cun oco nunha defensa onde chegou a ser unha peza chave, sendo un referente en labores defensivos.
Agora deixa o equipo despois de 66 partidos saltando como titular en 58 ocasións e completando un total de 54 nos que fixo un total de 3 goles servindo dous deles para sumar os tres puntos a pasada tempada nos Carrís contra o Barbadás e nas Eiroas, fronte ao Bergantiños. Ademais, foi un referente na base, onde adestrou ao Benxamín branquiazul durante dous anos ensinando aos pequenos os grandes valores que demostrou durante o tempo que pasou na capital galega.
Por todo o anterior e máis, só se pode estar agradecido a David Uña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario