Máis forza na defensa

O pasado curso saíron dous xogadores na busca de minutos. Ube, camiño do Boiro, participou durante a primeira volta ás ordes de Yago Iglesias e Queiruga fixo o propio no Puebla despois de facer a pretempada co primeiro equipo da Esedé. Un central que se estreará como xogador de Terceira división no seu segundo ano senior.
Formado entre as bases branquiazul e do Deportivo, Jorge Queiruga regresou ao Compos en 2016 para formar parte do Xuvenil. Dúas tempadas vestindo a elástica branquiazul en categorías inferiores servíronlle para probar sorte no que era o vixente campión de Liga na Terceira división. Non obstante, con xogadores coma Piscu, Álvaro Casas ou David Uña, o central santiagués decidiu renovar a súa vinculación coa Esedé, onde aínda ten dous anos máis de contrato, e saír cedido en busca de experiencia no Puebla da Preferente Norte. 
A pasada tempada, no conxunto pobrense, serviu para tomar experiencia na súa primeira campaña coma xogador senior. Alá sumou un total de 34 partidos, todos agás 2 saíndo como titular, nos que superou os 2.800 minutos de xogo e viu 14 cartóns amarelos sen conseguir ver portería. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario