A segunda fichaxe do Compos xa está aquí. Roberto Baleato, centrocampista que pode xogar tamén de central, asina pola Esedé procedente do Bergantiños. Un xogador polivalente de 29 anos con moita experiencia logo de pasar por equipos coma o Racing de Ferrol, Somozas ou o propio Bergantiños entre outros chegando a xogar tres tempadas na Segunda B.
Con máis de 200 partidos na Terceira división e ata 3 fases de ascenso, asinando un ascenso en 2014, o xogador natural de Val do Dubra pasou por Dubra, Órdenes, Racing de Ferrol, Somozas e Bergantiños logo de formarse nas categorías inferiores do Deportivo. Experiencia e músculo para acompañar a Mon e Samu na parte defensiva do centro do campo.
Na pasada campaña, nas Eiroas, conseguiu acadar o segundo posto da clasificación e a segunda rolda da fase de ascenso. Unha tempada na que xogou un total de 39 partidos, aparecendo no once titular ata en 38, e anotou ata 4 goles. Un futbolista que superou os 3.200 minutos en total sendo, por segundo ano consecutivo, un fixo nos plans de Figueira e que buscará o propio ás ordes de Yago Iglesias.
Coa chegada de Baleato, son xa 13 xogadores os que defenderán á Esedé a vindeira tempada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario