A Copa Deputación da Coruña dará comezo a vindeira semana coa fase previa na que se enfrontarán o Carral e o Olímpico. Non obstante, o camiño dos nosos cara un novo título deste campionato non arrincará ata o 1 de agosto contra o gañador da primeira eliminatoria, a desputarse o 29 deste mesmo mes entre Bertamiráns e Puebla.
O torneo, que gañaron os nosos en dúas ocasións, inaugurarase a vindeira semana coa fase previa e rematará o 15 ou 16 de agosto, data a confirmar entre os clubes participantes. Para chegar a ela, os nosos terán que superar un total de 4 eliminatorias que, como xa vimos o pasado ano, non son nada doadas.
O Compos quedou no lado do cadro onde se podería enfrontar a equipos coma o Noia en octavos, equipo que superou aos nosos o pasado ano na competición, Bergantiños ou Laracha en cuartos ou Negreira ou Boiro na semifinal, sendo os equipos con máis nome neste caso. Ademais, na outra parte aparecen Fabril, Cerceda, Somozas, Racing de Ferrol e Silva, entre outros, con grandes posibilidades de presentarse na gran final do torneo de verán.
Moito fútbol durante tres semanas e do que iremos dando conta en redes sociais desexando que os nosos se fagan co posto do Racing de Ferrol hai doce meses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario