18 de xuño


Logo duns días de relativo descanso, xa que si puidemos desfrutar de novas fichaxes en 'Casa Compos', volvemos cun novo precedente importante na historia do noso equipo. Un partido que significou a permanencia da Esedé en Primeira división na súa estrea na máxima categoría. Unha vitoria complicada, traballada, ante un Tenerife que hoxe, 22 anos despois, xógase seguir na loita por volver á Primeira división.

18 de xuño de 1995.
Última xornada da tempada 94/95 en Primeira división. Algo máis dun ano despois de conseguir un fito histórico, o Compos debía gañar para certificar a permanencia e non ter que loitar logo na promoción e agardar unha derrota do Albacete ante o Deportivo, que rematou con goleada galega e gran axuda para os nosos, que tampouco perdoaron.
San Lázaro acollía a súa primeira gran final na categoría de ouro ante o Tenerife e o equipo non defraudou, cun once formado por Docobo, Bellido, Tocornal, Modesto, Galdames, Lekumberri, Abadía, Fabiano, Passi, Ohen e Arensoe aos que logo sumar a Moure e Pichi Lucas. Unha vitoria que comezou rápido cun gol do dianteiro nixeriano antes de cumplirse os dez minutos de xogo. Un gol que, co resultado do Belmonte no mesmo momento, salvaba aos nosos. Porén, o noso equipo non baixou os brazos e, seguros en defensa, confirmaron a vitoria cun gol de Arensoe no 80. E se a iso lle engadimos que o Depor confirmaba a vitoria co terceiro dos oito goles que anotaron no 52... Salvados e o Albacete acabaría descendendo logo de perder contra o Salamanca na prórroga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario