Hoxe, 20 de maio, só temos un precedente na historia recente do noso equipo. Só un partido se xogou tal día coma hoxe e, ademais, trátase dun derbi santiagués en San Lázaro. Hai cinco anos, sen nada en xogo e cun resultado e un partido que deixaron moito que desexar.
20 de maio de 2012.
O Compos chegaba xa ascendido e co primeiro posto da clasificación asegurados. Diante, o Santiago estaba a xogarse a vida en San Lázaro a esta penúltima xornada do campionato. Como resultado final, partido sen moito fútbol e un empate que axudou a ambos de cara ao final, onde os granates tamén se puideron salvar na Preferente Norte.
Con Diego Penas, Paco, Castiñeiras, Germán, Bautista, Kolman, Imanol, Damián, Jacobo Tato, Louro e Roberto Piñeiro no once titular e Rego, Alex Blanco, José Ramón e Pablo entrando dende o banco de suplentes, o Compos adiantouse aos dez minutos de partido grazas a un gol de Nejc Kolman. Mais, porén, o equipo baixou a intensidade do xogo e o nivel e o Santiago, que non fixo gran cousa durante os noventa minutos, puido asinar o gol do empate por obra de Soulé aproveitando un erro defensivo local.

Ningún comentario:
Publicar un comentario