Julián López Moure é a sexta incorporación dun Compos que se está a mover rápido e ben con xogadores experimentados. Ése é o caso da última chegada dende o Ordes. Julián, centrocampista santiagués de 30 anos con experiencia na Terceira galega e que volve ao equipo onde se formou.
A pasada tempada, a segunda nas filas do Ordes, xogou case 1.500 minutos. 21 partidos, 17 deles saíndo de titular, e dous goles ante o Silva e o Arousa avalan a un centrocampista que antes militou en equipos coma o Boiro e o Santa Comba entre a Terceira e a Preferente galega.
Dúas renovacións.
Mon e Lucas son os primeiros xogadores en renovar por unha tempada máis. Dúas das promesas branquiazuis que o vindeiro curso serán pezas importantes no equipo de Yago Iglesias. Dous homes que coñecen o clube e sobre os que se baseará o Compos do futuro se as cousas van ben co obxectivo de ser tan queridos como Catú e Jimmy.
Mon xa se gañou un posto a pasada tempada no primeiro equipo. Non foi un fixo, sumou case mil minutos, pero si soubo aproveitar cada minuto rematando a tempada sendo o segundo máximo goleador con 3 goles.
Lucas non chegou a estrearse esta tempada co primeiro equipo. O porteiro do Estudiantil e terceiro gardameta do primeiro equipo, foi convocado durante o tempo que Raúl Marqueta estivo sancionado sen chegar a saír ao campo. No filial non puido pasar dos 13 encontros debido a unha importante lesión. Agora, na terceira apunta a titular.
E aumentan os rumores.
Estes días están a chegar moitos rumores polas redes sociais. O clube xa falou con tres xogadores do Cerceda, entre os que podería figurar Martín; outros tantos do Boiro, David Rey do Ordes e Tomás Abelleira do Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario